Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Esíxenlle maior transparencia á Fundación Arao

A Coordinadora de Confrarías de Pescadores Danadas polo Prestige non está de acordo cos criterios que emprega a Fundación Arao para repartir os fondos das doazóns. En concreto, a Coordinadora manifestou “o seu fondo malestar e repulsa” ante o “dubidoso método de selección e financiación de proxectos”. A Fundación Arao rexeitou os últimos días o financiamento de catro proxectos para a recuperación e rexeneración dos ámbitos marítimo-territoriais pertencentes ás confrarías de Aldán-Hío, Cangas, O Grove e A Pobra do Caramiñal, todas elas integradas na coordinadora.

- 18:08 23/09/2003
Tags:

Para a coordinadora, todos estes proxectos “adáptanse perfectamente aos obxectivos e fins que, en teoría, debería perseguir a Fundación Arao”. Denuncian, porén, un trato preferente á Comisión de Confrarías, que agrupa aos pósitos que se mostraron menos críticos coa xestión do goberno e que aceptaron o decreto de adianto das indemnizacións.

A Coordinadora esixe á Fundación Arao que explique “cales son os criterios empregados para que os directamente afectados pola maior traxedia da nosa historia non se poidan beneficiar dos fondos entregados por numerosos doadores”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: