A segunda edición de Mundos Dixitais xa está en marcha. Entre o 7 e o 11 de xullo os interesados no sector da animación, a imaxe de síntese e os efectos especiais poderán participar nos obradoiros prácticos e nas conferencias que imparirán algúns dos profesionais das empresas máis relevantes do sector, como Pixar, Dreamworks, Disney ou Framestore. Mundos Dixitais está organizado por videaLAB e o programa de postgrao en creación e comunicación dixital da Universidade da Coruña, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Consorcio Audiovisual de Galicia, coa participación da empresa Dygra Films e a financiación da consellería de Cultura. Máis información sobre a matrícula e programa de talleres e conferencias na web dos Mundos Dixitais.
.