Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Arquivado o caso pola morte de Giuliani

Unha xuiza de Xénova ordeou arquivar o caso contra Mario Placanica, o policía acusado da morte de Carlo Giuliani en xullo de 2001 nas protestas antiglobalización durante o cumio do G-8. A decisión da maxistrada apoiase no informe do fiscal que considera que o carabiniere actuou en lexítima defensa. Como se puido apreciar nun video gravado por un afeccionado, Giuliani achegouse a unha furgoneta da policía cun extintor de incendios nas mans. Nese momento, Placanica disparou coa pistola regulamentaria e o mozo caeu morto. Despois de coñecer a decisión da xuiza, o pai de Giuliani cre que “se quere agachar a verdade”.

- 08:42 06/05/2003
Tags:

O líder do Fórum Social, Vittorio Agnoleto, cualificou o arquivo do caso de “decisión gravísima, coa cal o Estado se autoabsolve de toda responsabilidade”. Engadiu que “é evidente que non existe a vontade de procurar a verdade co obxectivo dunha verdadeira xustiza”.

A xuíza ordeou tamén devolverlle ao policía as armas e as municións requisadas e aos familiares de Giuliani, os efectos persoais do mozo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: