Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

España incumpre o código de venda de armas

España está incumprindo o Código de Conducta sobre Exportación de Armas da UE, ao venderlle armamento a países en conflicto e que non respectan os dereitos humanos. Varias ONGs, integradas na campaña Adeus ás armas, presentaron en Madrid o último informe da Escola de Cultura da Paz da Universidade Autónoma de Barcelona, que denuncia os contratos armamentísticos de empresas españolas con Arabia Saudí, por valor de 1.300 millóns €; cos Emiratos Arabes (156 millóns), con Xordania (45 millóns) e con Turquía (278 millóns), ademais doutros países como India, Paquistán, Filipinas, Indonesia, Nepal ou Corea do Sur. Son cifras do 2001, xa que o Goberno non facilitou aínda os datos do 2002. As ONGs tamén manifestaron a súa preocupación pola sorte do sistema de legalidade internacional da ONU, tras o ataque a Iraq.

- 17:00 02/04/2003
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: