O xuíz da Audiencia Nacional, Juan del Olmo, pechou provisoriamente o diario en lingua vasca, Euskaldunon Egunkaria, por considerar que ten vinculación directa coa organización terrorista ETA. Cinco dos seus directivos foron detidos cando se produciu o peche. Outros catro, entre eles quen viña sendo o seu director desde o 93, pasaron cinco días nos cabozos da Garda Civil, en Madrid. Á saída, Otamendi denunciou torturas, sen que ata o momento se abrise ningunha investigación oficial. Nesta entrevista do canal Tempos Novos reafírmase nas acusacións e maniféstase en contra de todo tipo de violencia.
.