Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Portela deixa a presidencia da Cámara de Comercio

O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Eladio Portela Paz, presentou ante o vicepresidente da entidade, Manuel Durán Couto, a súa demisión irrevocable ó fronte deste organismo dinamizador da economía pontevedresa. Esta demisión ven motivada por "razóns estrictamente profesionais e de todos coñecidas", dixo Portela Paz.

- 11:18 02/03/1999
Tags:

Tras quince anos ó fronte da Cámara de Comercio, Industria e Navegación, Eladio Portela Paz, presentou a súa demisión como consecuencia da crise sofrida hai uns meses pola súa empresa, `Gráficas Portela', que provocou o peche definitivo dunha das firmas máis coñecidas, a nivel galego, neste sector. Un xulgado de Pontevedra deulle a razón ós traballadores de `Gráficas Portela' na demanda que mantiñan contra a empresa de Eladio Portela que non pudo asumi-las indemnizacións ás que foi condeada (200 millóns de pesetas). A partir deste momento ábrese un novo proceso electoral para elexi-lo substituto de Eladio Portela Paz, que mantén o seu posto como tenente de alcalde no Concello de Pontevedra, do cal é edil pola formación que fundou, `Pontevedra Unida'.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: