Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A SGAE reclama cartos do Chapapote Rock...

Seica a mesetaria SGAE colleu gusto polos asuntos mariños; non lles abonda loitar contra a piratería, agora tamén persegue aos que loitan contra o fuel da costa.

- 09:55 06/02/2003
Tags:

A Sociedad General de Autores reclamou ós organizadores do festival celebrado no pavillón do Berbés en Vigo o 25 de xaneiro o 10% da súa recadación. Este feito débese a que un dos sete grupos colaboradores é membro da devandita asociación e aínda que a representante de Boikot dixera que o grupo cedera tódolos seus dereitos e malia tratarse dun concerto benéfico a sociedade segue a esixi-lo pagamento dese dez por cento.
Alberto Gil, do grupo Erva, considera que non deben reclamar ese 10% pois os demais grupos que participaron no «Chapapote Rock», entre os que estaban MCD, Skacha, Soak ou Viñalar Fantastic Band, non estaban inscritos na SGAE, polo tanto a comisión non debería ser do 10% do total. Ademais os ecoloxistas amosaron a súa sorpresa ante este comportamento tan insolidario pois a finalidade do concerto non era outra que recadar fondos que permitan seguir loitando contra as consecuencias derivadas do afundimento do «Prestige».
Nos próximos días a organización negociará coa sociedade o pagamento esixido.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: