Xa lles contamos da recente aprobación dos estatutos da que será a Fundación Arao, promovida polo goberno galego co obxectivo de peneirar as donacións públicas e privadas concedidas de forma desinteresada. Cun capital inicial de 500 mil euros postos pola Xunta, vén de abrir unha conta para recibir as achegas económicas altruistas de persoas, entidades e institucións. Máis información no especial Negra Sombra do Prestige.
.