Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cinco Mareas Negras en Galicia desde 1976

A marea negra provocada polo petroleiro 'Prestige' é a quinta que afecta a Galicia desde 1976. A historia repítese con demasiada frecuencia, tanta, que pón de manifesto a neglixencia das autoridades competentes ao permitir que o tráfico marítimo de mercadorías perigosas continúe a navegar á rente das nosas costas, poñendo en perigo o hábitat e a economía das rías galegas.

- 10:31 19/11/2002
Tags:

1976 – 12 de maio
O petroleiro espanhol Urquiola parte en dous e incéndiase á entrada do porto da Coruña, cando transportaba preto de 120 mil toneladas de petróleo bruto (máis de 15.000 do que debería). A marea negra tingue 100 quilómetros de costa.

1978 - 31 de decembro
Unha tempestade provoca unha fractura no casco do petroleiro grego Andros Patria, que se incendia ao longo do cabo Fisterra. Cerca de 50 mil das 200 mil toneladas de crudo que levaba a bordo son derramadas no mar, provocando uma marea negra que afecta ás costas de Galicia e de Asturias.

1987 – 5 de decembro
O Casón, un barco de bandeira panameña, embarranca preto do cabo Fisterra, con máis de 3.000 bidóns de productos tóxicos nas súas adegas. Dos 31 tripulantes do barco, morreron 23 intoxicados e veciños de Fisterra, Corcubión e Cee tiveron que ser atendidos por afeccións respiratorias.

1992 - 3 de decembro
Outro navío grego, o Aegean Sea, cargado con 79 mil toneladas de petróleo bruto, parte en dous e incéndiase nas proximidades do porto da Coruña, despois de bater contra os rochedos durante a tempestade. A marea negra contaminou 200 quilómetros de litoral.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: