No mediodía de onte o Prestige afundía totalmente a uns 270 quilómetros das Illas Cíes logo de partir pola metade a primeira hora da mañá. Estamos diante da maior catástrofe en forma de marea negra da historia e tamén da maior neglixencia da historia. Os expertos aseguran que a presión submarina podería facer estoupar os tanques do buque e Greenpeace alerta de que agora mesmo hai unha "bomba de reloxería" debaixo das nosas augas. De momento non hai ningún novo verquido á parte da rotura dun tanque no momento do crebamento. Máis información no especial Negra sombra do Prestige de Vieiros.
.