Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Xunta promete axudas inmediatas

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, asegurou que os mariscadores e pescadores afectados polo verquido de petróleo do Prestige terán axudas inmediatas para paliar as previsibles perdas. Segundo informou o presidente da Federación de Confrarías da Coruña, Evaristo Lareo, cada mariñeiro afectado cobrará unhas 150.000 pesetas mensuais, unha cantidade inferior ás gañancias que percibirían os mariscadores se pudieran faenar con normalidade nestas datas.

- 12:28 18/11/2002
Tags:

A Consellería de Pesca promete indemnizacións inmediatas para as confradías coruñesas afectadas polo desastre do petroleiro Prestige. Esta rapidez choca coa lenta burocracia do caso Mar Egeo, o último precedente de marea negra na Costa da Morte.

Segundo informou o presidente da Federación Coruñesa de Confradías, Evaristo Lareo, os afectados polo verquido do Mar Egeo continúan sen cobrar as indemnizacións dez anos despois. ‘Polo visto xa está todo asinado e listo pero falta que o Estado nos ingrese os cartos’, di.

As confradías prexudicadas polo novo desastre ecolóxico son case as mesmas que sufriron a marea negra do 92. Malpica, Callón, Corcubión, Camelle... ‘pero esta vez a mancha é máis grande’, explica Evaristo Lareo, polo que haberá aínda máis afectados.

A Federación Coruñesa de Confradías amósase convencida, sen embargo, de que esta vez recibirán as axudas desde agora mesmo. ‘A Consellería prometeunos que cobrariamos as indemnizacións xa’, afirma, e fala dunha cantidade de 150.000 pesetas mensuais para cada mariñeiro.

Aínda que Evaristo Lareo non se queixa, recoñece que a indemnización que van percibir é moi inferior á cantidade que podería gañar un percebeiro na época do Nadal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: