Pesca e marisqueo, clausurados. Outro dos tanques centrais de fuel rompeu este domingo e verqueu o seu contido ao mar fisterrá aumentando a mancha que ata o de agora abranguía 200 quilómetros da nosa costa, dende Cee ata A Coruña. E iso que o buque bahameño Prestige aínda non partiu, e se atopa a unhas 60 millas da costa. A remisión do temporal permítelle permanecer enteiro, xa que está sometido a un forte proceso de torsión. O precario estado do petroleiro, cun boquete de máis de 50 metros de longo por dez de largo, fai previr a súa partición e ninguén sabe qué ocorrería se verque 20 veces máis combustible do que xa está na auga. Mentres actúan os equipos de limpeza das praias, está anunciada a constitución dun plan interministerial para facerlle fronte aos danos económicos. Con todo, aínda non se anunciou a declaración de zona castrófica, como reclaman as confrarías. Iso si, o xuíz decretou o domingo o ingreso en prisión do capitán do 'Prestige', Apostolus Maguras, por desobediencia ás autoridades e por un suposto delicto ecolóxico.