Representa a utopía, a solidariedade, a reivindicación, velaí algúns dos argumentos que segundo o concello compostelán fan merecedor a Federico Luppi do premio Cineuropa 2002. Este venres recibe o galardón no Teatro Principal de Santiago e ademais presenta o seu novo filme, O último tren, un western sen vaqueiros nin pistolas que xa lle valeu o premio ao mellor actor da Seminci. Do visto ata o de agora en Compostela, as preferencias do público poñen á cabeza da clasificación o relato irlandés Bloody Sunday. Cara a fin de semana chegará á carteleira o 110901, unha serie de curtametraxes que ofrecen unha visión alternativa dos sucesos do 11-S, asinada por prestixiosos directores coma Ken Loach ou Shoei Imamura.
.