O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia e a Universidade da Coruña son os organizadres dun curso destinado a impulsar o comercio electrónico na nosa cidade. A iniciativa, dirixida aos empresarios e ao persoal das PEMES galegas, desenvolverase nas instalacións da Cámara de Comercio.
Aos establecementos da cidade quédalles moito por andar no que a comercio electrónico respecta. De cara a dar a coñecer se é ou non viable para as empresas a venda a través de internet, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia e a Universidade da Coruña organizan o Programa de Formación e Comercio Electrónico para PEMES, que dará comezo o martes día 8. A iniciativa conta ademais coa colaboración da Cámara de Comercio e do Centro de Innovación e Servicios CIS- de Galicia.
As actividades, de carácter gratuíto, iniciaranse o martes día 8 cunha conferencia sobre comercio electrónico que terá lugar a partir das 20:00 horas na Cámara de Comercio. Depois dunha breve paréntese, a actividade reanudarase co curso en sí, que se desenvolverá os días 22, 23 e 24 de outubro, en horario de 16:00 a 21:00 nas dependencias do Centro de Innovación e Servicios. Entre as materias analizadas no mesmo figurarán as diferencias existentes entre o comercio electrónico para particulares, entre empresas e entre as empresas e a Administración, así como aspectos xurídicos ou relativos á distribución.
Os interesados en inscribirse no curso, que conta con prazas limitadas, poden facelo nesta páxina.