Ela é a forza, a ollada da muller, a paixón polo teatro. Cre sinceramente na forza do equipo, na creatividade e na formación exhaustiva, no traballo ben feito. Non cre na tan cacarexada postración do teatro galego, na inexistencia de públicos e espacios, nas directrices que guían a actuación da administración. A directora de Sarabela Teatro, Ánxeles Cuña, falou con Belén Puñal nesta entrevista do Canal Tempos Novos de Vieiros.
.