Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Manuel Rivas gaña o Julio Camba de xornalismo

O xurado do Premio de Xornalismo 'Julio Camba' decidiu o martes por unanimidade concederlle o primeiro premio, dotado con 6.010 euros, a Manuel Rivas. Este galardón, promovido por Caixanova, recoñece así a calidade da reportaxe "Estampas e aforismos", que o escritor e xornalista publicou en 'La Voz de Galicia'. O segundo posto foi para Vicente Verdú polo seu artigo "El yo de bolsillo", publicado en 'El País'; o terceiro - de carácter local- foi para Susana Fortes por "Una plaza envuelve a Pontevedra", publicado no suplemento 'El Viajero' de 'El País'; e o cuarto recaíu en Pancho Tristán, por "Un país sin cielo", publicado en 'La Opinión'.

- 17:36 05/03/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: