Neste mes haberá xa unha normativa provisional no concello coruñés sobre as instalacións de telefonía móbil.
Unha comisión de técnicos de medio ambiente, urbanismo e dereito traballa xa en contacto con representantes das empresas de telefonía móbil no regulamento para as antenas. Entre os criterios que avalían están a necesidade de distancias mínimas con escolas e hospitais, o impacto visual, a autorizacións das comunidades de propietarios, as certificacións esixidas sobre emisión radioeléctrica e o estudio das estructuras dos edificios onde se pretendan instalar.
Para os próximos meses agárdase unha normativa definitiva.