Ante a paranoia colectiva arredor da suposta perigosidade das antenas de telefonía móbil, o Comité de Radiacións Electromagnéticas da Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo vén de crear unha web para dar resposta científica a esta inquedanza social. Segundo un dos artigos que inclúe a web, os presuntos efectos nocivos para a saúde non están demostrados e os estudios existentes demostran que eses efectos son insignificantes.
.