O venres comezou a XXXI edición do Festival Intercéltico de Lorient (An Orient en bretón), que este ano se lle adica a Galicia. Milleiros de persoas acodenn coma todos os anos a esta localidade bretona para asistir ao máis importante festival folc do mundo. A presencia galega chega da man de Xosé Manuel Budiño, Luar na Lubre, Beladona, Avalon, Carlos Núñez e o Ballet Rey de Viana, ademais de grupos de baile, gaitas e pandereteiras. E a Xunta apuntouse tamén coa mostra Galicia Xacobea, Camiño do 2004. Tamén estarán The Chieftains, Hevia, Capercaillie e moitísimos máis...
.