O máis importante festival celta, o Intercéltico de Lorient (Bretaña), vai estar adicado este ano a Galicia. Celebrarase do 3 ao 12 de agosto nesta localidade bretona e as grandes figuras deste ano serán Luar na Lubre, o Bagad Kemper e Alan Stivell. A representación galega complétana o Ballet Rey de Viana e Xosé Manuel Budiño.
.