Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

'O lapis', vencedor absoluto dos María Casares

A obra 'O lapis do carpinteiro' acadou oito dos dez premios aos que estaba nominada (eran trece en total). Así que a noite do teatro galego foi un éxito rotundo para a compañía ourensá Sarabela Teatro. As xerras eran as seguintes: mellor dirección (Ánxeles Cuña), mellor actor protagonista (Fernando Dacosta), mellor escenografía, mellor adaptación, mellor iluminación, mellor maquillaxe e mellor vestiario. A obra máis mal parada en canto a premios foi 'A burla do galo', do CDG, que optaba a 12 premios só conseguiu o de mellor actor secundario (Xosé M. Olveira, 'Pico'). Outra das obras premiadas foi 'Criaturas', de Vidal Bolaño, que levou o mellor texto orixinal (Roberto Vidal Bolaño) e a mellor actriz secundaria (Belén Constenla). A mellor actriz protagonista foi Rosa Álvarez, por 'Compañía' de Manivela&Galería.

- 07:53 28/03/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: