(Perdón, patrón de Irlanda)
Os irlandeses -coma os galegos- están en todas partes. E alá onde chega un irlandés chega a cervexa negra e o San Patricio. Así que este sábado, 17 de marzo, celébrase en todo o mundo o patrón de Irlanda. Na rede hai milleiros de páxinas que falan desta festividade, pero esta do St. Patrick's Festival 2001
do portal Ireland.com
é, sen dúbida, a máis completa. Alí podemos atopar información de como se vive a festa en diferentes partes do planeta, podemos enviar postais, vídeos, ler a mensaxe do 'Taoiseach' (presidente) ou sabelo todo acerca deste santo do século V que cristianizou Éire. Sen embargo, moitas das celebracións na illa verde foron anuladas polas medidas contra a febre aftosa. Tamén nolo conta Vieiros Irlanda.
.