A empresa luguesa Desarrollos Digitales S.L. está a ofrecerlles ás pemes galegas un programa para "facilitarlles a implantación de solucións de comercio electrónico a baixo custe" a través dunha galería virtual que unifique obxectivos, abaratando así custes individuais. MasMercado.com é a galería onde se emprazarían cada unha das tendas, organizadas por sectores. As vendas de productos realizaranse mediante sistemas de pagamento electrónico con tarxetas de crédito, gracias a unha pasarela bancaria fornecida polo Banco Popular Español e o Banco de Galicia. O transporte correrá a cargo da empresa MRW.
.