Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galiza, presente en Lorient

Os días 9 e 10 de febreiro, a cidade bretona de Lorient vai acoller un coloquio sobre as "Autonomías rexionais" sen precedentes en Francia, analizándose o rol que nacións e rexións europeas deben impulsar en Europa. Galiza vai estar presente cun papel protagonista no coloquio, no que se vai analizar a situación galega dende os puntos de vista político, económico e cultural.

- 11:26 07/02/2001
Tags:

Os días 9 e 10 de febreiro, a cidade bretona de Lorient vai acoller un coloquio sen precedentes en Francia. A iniciativa do Partido Democrático dos Povos de Europa - Alianza Libre Europea ( PDPE-ALE), que reagrupa dez deputados europeos membros do grupo bicéfalo Verdes-ALE, e da Unión Démocratica Bretona (UDB) investigadores, constitutionalistas, representantes políticos, sindicais, culturais e de sectores económicos, presentarán a realidade das nacións e rexións en Europa.

Despois dunha presentación xeral do tema o venres 9, a xornada do sábado 10 vai ser adicada ao estudio de casos concretos: Galiza, Andalucía, Flandes, e Gales. Como representantes de Galiza, no eido político vai estar o BNG, membro do PDPE-ALE representado por Encarna Otero, Responsábel de Relacións Internacionais e Mario López Rico, Responsábel de Comunicación. A representación da cultura galega vai a cargo de Luisa Villalta e o economista Xabier Vence, vai ser o portavoz do mundo universitario e da investigación.

Este encontro coincide cun momento político de especial interés en Francia. Dende que os Acordos de Matignon sobre Córcega foron adoptados en xullo pasado, o debate sobre a "cuestión nacional" pasou a ser un tema fundamental na vida política francesa. Por primeira vez esta cuestión vai ser no ano 2002, un dos principais temas de reflexión e debate cara as eleccións lexislativas e presidenciais francesas. Atentos a esta inflexión no panorama político francés.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: