Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A OTAN mata os seus propios soldados

O uranio empobrecido das armas que a OTAN utilizou en Cosova xa teñen víctimas oficiais en Francia, Bélxica, Italia, Portugal... agás en España, onde o goberno segue a negar tal cousa. As balas "aliadas" mataron rapidamente a bosnios, serbios e cosovares e lentamente os seus propios soldados. Pero no Estado español ninguén protesta, nin sequera os medios, pero iso é lóxico logo de teren apoiado a "misión humanitaria" da OTAN nos Balcáns, tal e como di Eduardo Haro Tecglen neste artigo. O caso é que este armamento xa fora utilizado na Guerra do Golfo segundo se denuncia nesta web, que informa da morte dun militar francés por mor desta substancia radiactiva. A OTAN recoñecera xa en marzo nunha carta á ONU que os seus avións utilizaran un armamento (obuses de 30 mm) cunha carcasa que contiña uranio empobrecido. Na ex Iugoslavia lanzáronse arredor de 31.000 proxectís destes, segundo George Robertson, actual secretario xeral da Alianza Atlántica. Na web das Nacións Unidas confírmanse estes datos. E, ao César o que é do César, este asunto xa fora denunciado por Izquierda Unida en maio do 2000 nunha pregunta ao Goberno Aznar, que negou tal cousa. Mentres, na ex Iugoslavia o número de enfermos de cancro medrou un 30% logo dos bombardeos aliados...

- 10:46 05/01/2001
Tags:

.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: