Sun Microsystems ofrece de balde dende hai tempo o StarOffice 6.0, unha das máis importantes alternativas ao Office de Microsoft. Agora esta empresa vén de abrir o código desta suite de ofimática para que programadores de todo o mundo poidan desenvolvelo, modificalo e melloralo. Funciona con calquera plataforma agás Mac, aínda que se espera que apareza no ano que vén. Na web do OpenOffice.org poden atopar toda a información sobre este proxecto que botou a andar o venres pasado.
.