O Consello de Ministros aprobará a finais de ano o anteproxecto de Lei de Comercio Electrónico, segundo anunciou no Foro do Comercio Electrónico que se está a celebrar en Santiago Manuel Lázaro, da Dirección Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. A intención do goberno é "crear un marco axeitado dende o punto de vista xurídico para mellorar o marco legal que rodea este tipo de comercio", afirmou. O martes e o mércores ten lugar no Pazo de Congresos esta xuntanza, na que haberá conferencias e coloquios sobre o tema, ademais de presentacións de productos comerciais e de portais de comercio en liña. Falarase sobre seguridade nas transaccións electrónicas, sobre o "B2B", desenvolvemento de estratexias na rede, a telefonía móbil, etc.
.