Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Airiños de Fene representará a Galicia en Lorient

A Agrupación folclórica Airiños de Fene representará a Galicia o próximo mes de agosto no XXIX Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa. Así o confirmou hai poucos días a delegación oficial do Festival Intercéltico de Lorient en Galicia.

- 23:15 22/02/1999
Tags:

Esta agrupación folclórica fenesa representará a Galicia no Festival que se celebrará na vila de Lorient o próximo mes de agosto. Airiños de Fene compartirá escenario coas mellores formacións musicais folclóricas de Escocia, Gales, Irlanda e a Bretaña Francesa. Os feneses subirán ós escenarios de Lorient para amosar a súa música.

A banda de Gaitas Airiños de Fene é unha entidade cultural e folclórica xurdida no ano 987 da idea do seu fundador, hoxe xa desaparecido, Ramiro Couce, de reunir ós rapaces que estaban a aprender a tocar a gaita nas escolas municipais do Concello de Fene.

Compre lembrar que recentemente, Airiños de Fene foi seleccionada polos Organizadores da Expo '98 de Lisboa para actuar na cerimonia de inauguración ante as autoridades convidadas.

Felicita a Airiños de Fene a través do seu correo electrónico


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: