¿Gustaríalle adornar o seu xardín cunha xigantesca estatua de Lenin? A compañía de subhastas en liña Sothebys.com ofrece entre os seus productos unha escultura de bronce do líder comunista, a un prezo de saída de 30.000 dólares. A estatua estivo ata o ano 89 nunha praza da cidade checoslovaca de Gorkolov e, víctima da caída do comunismo, foi desmontada e adquirida por un anticuario norteamericano. A reproducción de Lenin mide tres metros e medio de altura e pesa uns 2.000 quilos. Ademais, Sothebys tamén subasta outros artigos relacionados coa política que causarán a envexa dos fetichistas máis excéntricos e acaudalados: un busto de Garibaldi, un libro adicado persoalmente por Churchill á súa filla...
.