Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial

Os candidatos á presidencia

Anxo Manuel Quintana González

Allariz, 25 de febreiro de 1959.
Portavoz nacional do BNG. É tamén senador desde 1999. Foi alcalde de Allariz.
Foi vicepresidente da Xunta durante a lexislatura 2005-2009. Preséntase por segunda vez como candidato á presidencia da Xunta.


É diplomado en Enfermería pola Universidade de Vigo e formou parte do Servizo de Nefroloxía da Residencia do Hospital Cristal-Piñor de Ourense. Actualmente está en excedencia da súa ocupación profesional, e é socio de honor da Sociedade Española de Medicina Xeral polo seu contributo á mellora da Atención Primaria no medio rural.

Desde o ano 1983 foi concelleiro en Allariz, e posteriormente alcalde desta vila desde 1990 até o ano 2000. Nos anos do seu mandato, Allariz recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e foi seleccionado polo Programa Hábitat da ONU para representar o Estado español como exemplo de concello que conta cunha xestión en defensa do desenvolvemento sustentábel.

Contribuíu á unificación das organizacións municipalistas galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre os anos 1995 e 2000.

Ocupou o cargo de coordinador executivo do BNG desde abril de 2002 até novembro de 2003, cando foi nomeado Portavoz Nacional do BNG e candidato á Presidencia da Xunta de Galiza na XI Asemblea Nacional da organización.

Foi senador por designación da Comunidade Autónoma de foi membro titular da Deputación Permanente e portavoz do Grupo Mixto na Comisión Xeral de CC.AA, na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación, na Comisión de Industria Turismo e Comercio, na Comisión de Xustiza e na de Regulamento.

Logo das eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005, onde saíu elixido parlamentario á fronte da lista do BNG pola provincia da Coruña, accedeu á Vicepresidencia da Xunta de Galicia en agosto de 2005 despois do pacto de goberno asinado por socialistas e nacionalistas.
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.