Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial
Galiza2009

"Témolo ao alcance da man; é o momento de apertar os dentes e botar unha última carreira"

O candidato do BNG, Anxo Quintana, improvisa un mitin enriba dunha caixa de refrescos ante os berros de "presidente" en Vigo.

Redacción - 19:00 26/02/2009
Quintana contou co apoio dos vigueses na súa visita (clique para ampliar)

Quintana contou co apoio dos vigueses na súa visita (clique para ampliar)

"Témolo ao alcance da man, agora é o momento de apertar os puños, apertar os dentes e botar a última carreira". O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, lanzou esta quinta feira dende Vigo unha mensaxe de ánimo no tramo final de campaña.

Durante a visita na cidade ao barrio da súa infancia, O Calvario, e ante os berros de "presidente, presidente" e "Be-Ne-Ga", o nacionalista improvisou un discurso, utilizando como tarima unha caixa de refrescos de laranxa, da marca 'Kas'.

Quintana aludiu ás súas orixes, e tamén ao labor desenvolvido polo BNG durante os anos de goberno no concello para "humanizar esta zona", que permite "que hoxe poidamos estar aquí gozando desta rúa". "O mundo sempre avanzou coa cultura do esforzo e do traballo e diso sabe moito a cidade de Vigo e agora hai que pór ese esforzo e ese traballo ao servizo do país", dixo.

Mostra dos cambios transformadores son "ataques desapiadados, mentireiros e infames que está a sufrir o BNG", afirmou o o cabeza de cartel nacionalista.

"A Galiza dos paparazzi, ou a respectada no mundo"

"Aquí só hai unha elección posíbel; a Galiza do atraso, da mentira, dos paparazzi, que quere o PP, ou a Galiza respectada en Madrid e en todo o mundo que propón o BNG. O poder da difamación fronte ao orgullo e o cariño polo país, que vos propón o BNG", sinalou Quintana.

O candidato, que parou a conversar cos numerosos espontáneos que se lle achegaron e entrou nalgún estabelecemento do barrio, estivo acompañado polos candidatos números un e dous pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas e Henrique Viéitez, respectivamente, e mais polo tenente de alcalde, Santiago Domíguez.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:


O líder do BNG improvisou un discurso no medio da rúa, subido a unha caixa de refrescos (clique para ampliar)
O líder do BNG improvisou un discurso no medio da rúa, subido a unha caixa de refrescos (clique para ampliar)
Candidatos do BNG pola provincia e outros cargos do BNG acompañaron o Quintana. Na foto, bromeando con Teresa Táboas (clique para ampliar)
Candidatos do BNG pola provincia e outros cargos do BNG acompañaron o Quintana. Na foto, bromeando con Teresa Táboas (clique para ampliar)
Pais de alumnos do colegio d'O Pombal, que piden melloras para o patio do colexio, con Quintana (clique para ampliar)
Pais de alumnos do colegio d'O Pombal, que piden melloras para o patio do colexio, con Quintana (clique para ampliar)
Quintana criouse no barrio do Calvario, onde os pais rexentaban unha drogaría (clique para ampliar)
Quintana criouse no barrio do Calvario, onde os pais rexentaban unha drogaría (clique para ampliar)
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.