A enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia asegura que a formación de Gato aproxímase ao 5% na Coruña.
Haberá máis de tres forzas políticas no Parlamento? A priori semella moi difícil que un partido poida romper o triángulo PPdeG-PSdeG-BNG. Porén, a empresa Sondaxe, que está a elaborar enquisas diarias para La Voz de Galicia, considera que Terra Galega tería algunha opción de lograr unha acta na Coruña. Segundo este estudo demoscópico, os de Xoán Gato aproximaríanse ao 5% necesario para entrar no Hórreo.
Nunha entrevista en Vieiros Xoán Gato recoñecía hai uns meses que Terra Galega tería que superar os 30 mil votos para ter opcións reais de ser deputado. A formación está traballando arreo na comarca de Ferrol, onde agarda os mellores resultados. Porén, os esforzos tamén se concentran en Bergantiños e Arteixo, onde TeGa ten grupos locais fortes.
Na mesma enquisa tamén se fai referencia a UPyD, que pelexa tamén por ser cuarta forza. Porén, o estudo sinala que ten menos opcións de conseguir deputado que TeGa. Sexa como for, o 5% segue a ser un listón ben alto para os que conside
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.