As propostas desta formación política para a vindeira lexislatura.
"Os Socialistas de Galicia afrontamos unha nova cita electoral coa vontade de darlle un novo impulso ao programa de renovación e cambio iniciado en 2005.
O cambio en Galicia é un proceso real e percibido polos cidadáns. É un cambio de dimensións históricas que nin sequera a crise económica internacional que estamos a padecer é capaz de desmentir.
A Galicia de hoxe é unha Galicia mellor que a de hai catro anos. A lexislatura que vimos de deixar atrás supuxo un forte impulso modernizador para a economía do país"
Así comeza a introdución do programa co que o PsdeG-PSOE se presenta a estas eleccións. O documento está estruturado en cinco eixos:
-Avanzar na modernización de Galicia para saírmos xuntos da crise
-A Galicia do benestar: a consolidación do cambio
-A Galicia do futuro: un territorio vertebrado e sostible
-A Galicia dos cidadáns: unha Galicia de todos e para todos
-A Galicia no exterior: unha Galicia máis forte no mundo
Descarga aquí o programa do PSdeG
Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.