É profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén dirixe o programa de estudios rusos. As súas áreas de especialización son transicións á democracia, Unión Soviética, Rusia e Iugoslavia.
É autor dun amplo número de libros, entre os máis recentes: Cen preguntas sobre a nova desorde, onde afonda no fenómeno da globalización neoliberal, analiza a creba do benestar, os problemas da ONU, a natureza dos novos conflitos... facendo repaso das claves fundamentais das relacións internacionais contemporáneas. No 2003 publicou Estados Unidos contra Iraq. A guerra petroleira de Bush en 50 claves, unha didáctica achega á historia recente de Iraq coas referencias fundamentais sobre o enfrontamento que levou á invasión do país.