Enviado por nynfe o día 04.04.2009
Unha estatua. Unha estatua non é máis ca iso, pedra. Dura e fría pedra. ¿Poderías pensar que toulea unha alma que ama unha pedra? ¿Un corazón que suspira por aquela persoa que morta está? Ela misma non podía remedialo. Toleaba. O vento ondeaba o seu pelo. Outra lágrima máis… “¿Que é o que estou facendo?” Mais, pese a todo, amaba. Unha venda cubría os seus ollos. Negábase a ver. Pero amaba. Aquelo era induvidable.