Enviado por TintaRoja o día 12.02.2008
Non fun quen de lembrar nada ao dia seguinte. Deitado no chan non souben explicarme que carallo facia alí, exhausto e distraído, cunha man no peito e outra percorrendo a comisura dos meus beizos mollados; o teléfono descolgado xogando ao eco cá voz gastada do servizo contestador de Telefónica; a miña língua víctima dun mare magnum de déjà vu con sabor ao teu sexo; o meu outro Eu chegando ao traballo por min… e unha mensaxe túa reclamando no móvil a súa parte contratante da primeira parte: “Ven”.