Enviado por onofresabate o día 07.04.2009
Toqueiche o teu feixón na Quintana de Vivos, e cheguei coma un touriño á Quintana de Mortos.
Quería afogar dentro de ti o meu can, querías que te secase co meu biscoito, era moi pouco e moito o que querías.
Así que agora só afiamos o lapis, ¡e tanto caldear para acabar nunha manola!
Só baixo á fonte a facer unha mandioca,
esperando os tempos de quen-vive do matrimonio da mangueira e a ameixa, da mingaña e a regaña.