Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
O grupo de San Sadurniño Balakandra compuxo este tema a principios de ano e, sen dárense conta, compuxeron un auténtico "ghit" do verán... un tema moi de moda (por desgraza) como e o medio ambiente, neste caso tratando a problemática xurdida polo asentamento dunha regasificadora no interior da ría de Ferrol. Todo isto aderezado con ritmos funky e sons cubanos filtrados polo son caracteristico de Balakandra, e temos un auténtico himno do verán... Que perigo ten!!!
ESTABA MANOLIÑO SENTADO NUNHA PENA
TRATANDO DE COLLER UNHOS PEIXES PARA A CEA
BONITO ERA O DIA, O SOL QUENTABA MOITO
HABÍA VARIOS BARCOS DE PASEO POLA RIA
DE PRONTO DIVISOU, POLA BOCA DA RÍA
A PROA DUN BARCO, CHEGANDO A "CANELIÑAS"...
¡OU ISO PARECIA!
XUSTIÑO DIANTE DEL, CON SAUDE E CHULERIA
NADABAN UN XURELO E UNHA DUCIA DE SARDIÑAS
QUE ESTABAN A CANTAR, CON FORZA E ENERXIA
SOLITA ERA O XURELO E O CORO AS SARDIÑAS
O CANTO ERA MOVIDO, CON AIRE MOI CUBANO
QUEDOUSE MANOLIÑO SENTADIÑO, ESCOITANDO...
¡OU ISO PARECIA!
---------------------------------------------------------------------------------
UN BARCO VAI POLA RÍA
PARECE QUE VEN CARGADO
QUE LEVARÁ NAS BODEGAS
PURO GAS LICUADO
VAI CAMIÑO DE MUGARDOS
ISO APARECE NO RUMBO
ESPEREMOS QUE NON ROMPA
LEVARANOS D'ESTE MUNDO
OUTROS BARQUIÑOS PEQUENOS
POÑENSE DIANTE DA PROA
PERO OS DE COR VERDOSO
TRATAN DE BOTALOS FORA
QUEN ME DERA VER AS CONTAS
DOS QUE PROMOVERON ISTO
SON DE SOBRA COÑECIDOS
EN GALIZA HAI MOITO LISTO
OS NOSOS REPRESENTANTES
QUE SEMPRE ESTAN A FALAR
AGORA ESTAN CALADIÑOS
CULPABLES SON D'ESTE MAL
E AGORA CANTADE TODOS
PARA REMATAR O CANTAR
FORA, FORA, REGANOSA
OUTRO SITIO HAI QUE BUSCAR
-----------------------------------------------------------
UN BARCO VEN POLA RIA
CARGHADIÑO DE JAS
BOTADEO FORA! FORA! FORA! XA!
EXTERIOR PORT.... EXTERIOR PORT...
Hello! Un saudo dos trapos sucios www.trapossucios.com
Sí señor!! Saúdos e parabéns!
Ai, Martinciño, cando sentarás a cachola. Pero mira que es revoltoso, vaiche dar Tojeiro cuns toxos. Que copien outros dese espírito. Arriba Balakandra e saúdos desde Limodre!
Que boa!!! Outro voto
UN saudo e un votazo polos nosos veciños de ensaio!!!
Voto sen duda para a familia da AcDZ!!!!
Faltaría máis que non apoiara eu a esta banda!!
Humor, protesta gasística e talento, pero que bos sodes cabróns. Un aturuxo por Balakandra!!!
Moi bos Balandraka!! Viva San Sadurniño!!
Si señores, non esperaba menos de Balakandra.
Caen-me ben estes tipos, sí senhor
Unha aperta dende terra adentro!!!
Un saúdo! A gañar Balakandra! Ahí vai un voto!
moi boa a cancion!!!...xD...si señor unha aperta dun veciño ahí vai o meu voto!!
A vosa canción é un novo sopro de solaridade, palabra esquecida polos políticos progresistas/nacionalistas. Moitas grazas dun afectado.
Animo Balakandra! ¡Planta de Gas fora da Ría!
Vémonos o día 23 en Mugardos. ¡¡Planta de gas fóra da Ría!!
veña ¡¡a todo gas, pero sin licuar, por favor.
Saúde e adiante desde a Bitácora do Nordés.
un abrazo Balakandra de MONCHO VARELA ou iso parecia
Ben a partir da segunda parte. Que perigo ten! Ou iso parece!
esta canción ñe boisima, ten que gañar. Animo.
Moi chula a canción. Manolo, noraboa polo que che toca, meu. Por certo, a ver se cunde o exemplo e fan máis cancións pra protestar contra esta cafrada de Reganosa. Agora nos queren meter unha pranta de biocombustibles tamén, mola. Agora que está demostrado que con eles aumenta a fame no mundo veñen estes espabilados a contribuir un pouco máis á morte dos esfameados.
Menos JAS e máis JAZZ, JASpalhada, JASiosa, jaspacho, etc. Contra Reganosa, Soberania Estética da Nação Galega. Força Balakandra. Orjais.
Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)
Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott