Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Paris Joel

Ollos de mar (10)

Ollos de mar (10) "Unha balada coma canción do verán? e... por que non? Exemplos hai, non moitos pero hainos", explica o autor. Ollos de Mar é unha balada que fala do problema emocional da inmigración, da súa loita interna na que o desexo de mellorar na vida choca de fronte coa morriña e as gañas de volver ao lugar de orixe. Paris Joel, cantautor de Sada, volve este ano a A polo ghit. tocando todos os instrumentos desta canción.

Por soñar eu marchei / Na procura de aquel / Soño que me levou / Cara un mundo millor / Onde a noite pechada / Sempre está mollada / Onde a fame calada / Vai tragando o ar. // Ollos de mar / Ollos salgados / Quero ficar / Sen un pasado / Sinto voar meu ben / Unha gaivota ferida / Ollando para o alén / Vaiseme a vida. // Por loitar eu fiquei / Traballando arreo / Pouco para comer / Xuntando o diñeiro / Escribindo mensaxes / Nunha botella / Desexando respostas / Enganandome. // Ollos de mar / Ollos salgados / Quero ficar / Sen un pasado / Sinto voar meu ben / Unha gaivota ferida / Ollando para o alén / Vaiseme a vida. // Ollos de mar / Ollos salgados / Ollos de mar / Sen un pasado.


0 votos

33 Comentario(s)

maraghota - 31/05/2008 05:06

maraghota  Que bajonazo!

Doval - 01/06/2008 08:52

Doval  A verdade é que a cantiga este é tristeira de máis.

carlosbau - 02/06/2008 02:04

carlosbau  Unha canción fermosísima. Moita sorte.!!!!

pablitoruben - 02/06/2008 04:21

pablitoruben  é preciosa...!!! bicos

Sergioleiro - 03/06/2008 12:41

Sergioleiro  haber si ganamos paris

maraghota - 03/06/2008 07:04

maraghota  haber haber, habelo haino

XurxoMares - 03/06/2008 07:36

XurxoMares  Que a gaivota ferida voe lonxe.

XurxoMares - 03/06/2008 07:42

XurxoMares  Pois non vexo contabilizado o meu voto...Qué pasa?

Doval - 04/06/2008 10:23

Doval  Comezamos mal. Os votos non se contabilizan. Mal asunto e iso que este ano a cousa pintaba ben. Unha magoa!

joseluispaz - 04/06/2008 01:00

joseluispaz  Bo tema, unha fermosa balada

kaskada - 05/06/2008 03:38

kaskada  ke alegria de canciçon, vou-me cortar as veas!

Sunsury - 05/06/2008 05:08

Sunsury  Sorte! eu xa votei e computei!

CesardeCenti - 06/06/2008 12:21

CesardeCenti  Moito sorte!

davidtaboada - 06/06/2008 02:36

davidtaboada  Paris sempre arriscando... Así me gusta, rompendo esquemas!

leiros - 06/06/2008 10:49

leiros  tu si que vales cuñaoooo

NOVO - 11/06/2008 11:08

NOVO  O MEU VOTO PARA O NOSO BENQUERIDO CANTOR SADENSE

GiorgioClapton - 16/06/2008 02:59

GiorgioClapton  Menudo bajón....

gonzalofraga - 19/06/2008 11:36

gonzalofraga  Congratulation¡¡ You are well in course for this year,s contest¡¡¡

Franl - 20/06/2008 10:51

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

cesarvidal - 26/06/2008 11:33

cesarvidal  Onte escuite-te na radio e gostaria saber duas cousas, por que cantas em castelám e por que che parece tam engraçado empregar umha linguagem nom sexista?...(pareces um bisbal frustrado)

Doval - 26/06/2008 01:21

Doval  De Paris Joel para cesarvidal. De entrada moitísimas grazas por escoitalo programa a esas horas da noite. Canto en castelán e tamén en galego, onte, debido a visita dun membro da Real Academia da la Lengua Española pareceume axeitado cantar en castelán por cortesía, tamén tiña preparado algo en galego máis por desgraÇa non deu tempo. Respecto o de sexismo, igualdade e demáis coido que a resposta do doutor Villanueva foi moi clarificadora. Por último, grazas polo do Bisbal frustrado, xa me gostaría ter a súa voz e a él ter os meus anos e o agarimo da miña xente. Unha aperta, e grazas de novo por escoitar programas tan intelixentes coma o de Leo Toral.

abel - 29/06/2008 01:15

abel  Un cantor de sada a polo ghit

gonzalofraga - 04/07/2008 01:58

gonzalofraga  Animo, Liverpool cada vez esta mas cerca¡¡

DoutorEsweider - 04/07/2008 02:19

DoutorEsweider  Amighos: no próximo programa de ESTAMOS EN CRISE da Radio Galega unha destas cancións (da nº6 á nº10)pasará á final da canción máis merdeira en A POLA GHIÑA. O Xurado é o Sr. Nonito Pereira. Vémo-nos na final!! :)

DoutorEsweider - 04/07/2008 02:24

DoutorEsweider  NOTA: Vemo-nos na final se pasades, claro! Nos xa estamos! ;)

Doval - 04/07/2008 08:40

Doval  Ah! Pois é un lugar de honra estar entre grandísimos artistas coma Magín Blanco ou a canción máis votada do A Polo Ghit. (Por certo, que ser o máis votado por internet non quere dicir absolutamente nada porque un mesmo e os amigos que teña poden votarse varias veces, non o mesmo día, pero sí un día tras outro. Algúns xa o sabían e aproveitáronno ben. ¿Cóma vedes o tema?

Doval - 04/07/2008 08:55

Doval  Por certo os que se votaron varias veces fixeron ben, por que o voto por internet sempre se pode falsear, o voto, en todolos casos, sempre se debe exercer de xeito persoal e intrasferible. Non creo nas votacións por Internet.

DoutorEsweider - 05/07/2008 01:49

DoutorEsweider  Non entendich-des, meus, na radio galega, están a facer un polas noites un concurso paralelo á canción máis chunga e se chama A POLA GHIÑA!

cesarvidal - 18/07/2008 06:40

cesarvidal  Querido Paris, o Doutor Villanueva entende perfectamente o galego. Menuda excusa mais mala!Em quanto a linguagem patriarcal, a excusa que deu o Vilanova è mui reaccionaria, a lingua nom se vai des-estruturar por nom invisiviliçar a mais da metade da humanidade. Buleria, buleria!

cesarvidal - 21/07/2008 04:30

cesarvidal  como mola a selecçom espanhola!

KBS - 30/07/2008 08:08

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:12

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

mary - 20/08/2008 12:22

mary  .